Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2019 Páx. 315

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 25/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 25/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco García Padín contra María del Carmen Melin Iglesias, sobre ordinario, ditouse decreto de insolvencia o 9 de novembro de 2018, recorrible en revisión no prazo de tres días, o cal se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a María del Carmen Melin Iglesias, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 29 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza