Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Orde do 21 de decembro de 2018 (DOG núm. 246, do 27 de decembro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,
DISPÓN:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta orde, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda
ANEXO
Promoción interna
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Cons. |
Denominación |
Subgrupo |
Nivel |
Centro directivo |
Centro de destino |
Concello |
1 |
3531**** |
Rodríguez Díaz, Juan José |
* |
FCC030003036001011 |
FC |
Xefatura Sección III |
A1/A2 |
25 |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Intervención Territorial de Pontevedra |
Pontevedra |
* Permanece no seu posto
Acceso libre
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Código do posto |
Cons. |
Denominación |
Subgrupo |
Nivel |
Centro directivo |
Centro de destino |
Concello |
|
1 |
****8153 |
Gómez Sedes, Marta María |
2 |
FCC050000515770002 |
FC |
Xefatura Sección |
A1/A2/C1 |
25 |
Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos |
S.X. de Xestión do FSE e outros Programas Comunitarios |
Santiago de Compostela |
2 |
4482**** |
Ramos Pena, Marta |
1 |
FCC030000315770021 |
FC |
Técnico/a de auditoría |
A1/A2 |
25 |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
S.X. de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións |
Santiago de Compostela |
3 |
****7041 |
Alonso de Abel, Rebeca |
3 |
FCC050000115770022 |
FC |
Xefatura Sección |
A1/A2/C1 |
25 |
Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos |
S.X. de Planificación e Operacións Financeiras |
Santiago de Compostela |