Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2019 Páx. 311

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (299/2017).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social ditouse Resolución o 30 de novembro de 2018, dirixida a Confecciones Deus, S.L. e outras, contra a que non se pode interpoñer recurso ningún. Faise saber igualmente que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confección Ideal, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de novembro de 2018

María Blanco Aquino
Letrada da Administración de xustiza