Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocados polas ordes do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio) e do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Orde do 21 de decembro de 2018 (DOG núm. 246, do 27 de decembro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,
DISPÓN:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta orde, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas as que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda
ANEXO
Acceso libre
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Cons. |
Denominación |
Subgrupo |
Nivel |
Centro directivo |
Centro destino |
Concello |
Formación |
1 |
****1012 |
Carro Espada, Raquel |
Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público |
|||||||||
2 |
4736**** |
Vázquez Pérez, Patricia Pilar |
4 |
FCC050000415770008 |
FC |
Xefatura Sección |
A1/A2/C1 |
25 |
Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos |
S.X. de Xestión do Feder e FCI |
Santiago de Compostela |
Lic./Grao dereito (mérito) |
3 |
****5701 |
Mourelle Ferreiro, Juan Carlos |
1 |
FCA200000115770016 |
FC |
Xefatura Plans Inspección |
A1/A2 |
25 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Área de Inspección Tributaria |
Santiago de Compostela |
|
4 |
3354**** |
Piñeiro Muñoz, Luis |
5 |
FCC030000315770013 |
FC |
Técnico/a de auditoría |
A1/A2 |
25 |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
S.X. de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións |
Santiago de Compostela |
|
5 |
****4809 |
Prego Teira, Ramón |
3 |
FCA291000036560226 |
FC |
Subxefatura Unidade de Inspección |
A2 |
24 |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Delegación Vigo |
Vigo |
|
6 |
3354**** |
Fernández Loureiro, David |
2 |
FCA291000032001136 |
FC |
Subxefatura Unidade de Inspección |
A2 |
24 |
Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos) |
Delegación Ourense |
Ourense |