Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 227

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de convocatoria de tres prazas vacantes da escala de Administración xeral, subescala administrativa, mediante promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO), número 240, do 14 de decembro de 2018, publicouse o anuncio relativo ás bases, así como á convocatoria, que rexerán o procedemento de selección para a provisión en propiedade de tres prazas vacantes da escala de Administración xeral, subescala administrativa, mediante promoción interna, incluídas na modificación da OEP do ano 2016 do Concello do Porriño.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 14 de decembro de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa