Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 228

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de inspector de policía.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 240, do 14 de decembro de 2018, publicouse o anuncio relativo ás bases, así como á convocatoria, que rexerán o procedemento de selección para o acceso á praza vacante de inspector da policía local do Concello do Porriño, incluída na modificación da OEP do ano 2016, por promoción interna mediante concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 14 de decembro de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa