Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2018, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncia a desistencia do lote 1 (procesos médicos, cirúrxicos e probas diagnósticas e terapéuticas) do expediente de contratación de prestación de servizos de asistencia sanitaria especializada na EOXI da Coruña (expediente MA-SER4-18-002).

Este órgano de contratación anuncia a desistencia do procedemento de contratación do lote 1 (procesos médicos, cirúrxicos e probas diagnósticas e terapéuticas) do expediente MA-SER4-18-002, de contratación polo Servizo Galego de Saúde de prestación de servizos de asistencia sanitaria especializada na EOXI de A Coruña, baseado nun erro manifesto, de acordo co establecido no artigo 155 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, baseado nunha infración non emendable das normas de preparación do contrato.

O erro consiste na falta de definición e na ambigüidade dos criterios de adxudicación nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a desistencia por motivo dunha infración non emendable do lote 1 (procesos médicos, cirúrxicos e probas diagnósticas e terapéuticas) do procedemento aberto, mediante acordo marco anunciado pola Resolución do 2 de marzo de 2018, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia número 54, do 16 de marzo; Boletín Oficial del Estado número 65, do 15 de marzo e no Diario Oficial de la Unión Europea número 2018/S 046-101119, do 7 de marzo), tramitado para a contratación de prestación de servizos de asistencia sanitaria especializada na EOXI da Coruña (expediente MA-SER4-18-002).

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2018

O presidente do Servizo Galego de Saúde
P.S. (Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, Orde do 5.7.2012)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente do Servizo Galego de Saúde