Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 9 de outubro de 2018 polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Barlovento, S.A., de segunda modificación substancial da concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario de Meloxo, para o uso de canalizacións existentes e autorizar a acometida a rede de saneamento (expediente 13-09-09-C2).

José Soutullo Garrido e Luis Tacón Fernández, en nome e representación da entidade Barlovento, S.A., solicita a concesión administrativa para a ocupación dunha parcela do dominio público portuario de Meloxo para o uso de canalizacións existentes e autorizar a acometida á rede de saneamento, segundo o proxecto titulado Documentación complementaria da modificación do proxecto de obras e actividades de instalación de industria de transformación de mexillón ecolóxico refrixerado, conxelado e pasteurizado, redactado polo enxeñeiro agrónomo José Manuel Regueiro Martínez en marzo de 2017.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da zona sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 9 de outubro de 2018

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia