Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 177

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 242/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 242/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Valeiras Jiménez contra Newco Airports Services, S.A. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018.

Parte dispositiva:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza número 111/2017 de data 27 de febreiro ditada no procedemento PO 613/2013 e revogada parcialmente en suplicación por sentenza da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 9.11.2017, a favor da parte executante, César Valeiras Jiménez, fronte a Newco Airports Services, S.A., Fogasa, parte executada, para que se declare o seu mellor dereito a ocupar as prazas vacantes de operario de rampla e ORA e se aboe o importe de 7.011,37 euros en concepto de principal, máis outros 701,13 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tivesen acaecido con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018.

Parte dispositiva:

No tocante a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir a executada Newco Airports Services, S.A., a fin de que no prazo de dez días para que se declare o seu mellor dereito a ocupar as prazas vacantes de operario de rampla e ORA e se aboe o importe de 7.011,37 euros en concepto de principal, máis outros 701,13 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (núm. expediente xudicial 1589 0000 64 0242 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprimentar o requirimento no prazo conferido, procederase ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo da averiguación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir a Newco Airports Services, S.A., a fin de que no prazo de 10 días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

3. Requirir a parte executante, César Valeiras Jiménez, para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade, a fin de transferir as cantidades que, de ser o caso, puidesen obterse nesta execución.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma A Newco Airports Services, S.A., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza