Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 176

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1052/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1052/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Vázquez Mosquera contra Walter Omar Vadell López e Barrañán, S.C., sobre ordinario, se ditou sentenza nos seguintes termos:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Miguel Ángel Vázquez Mosquera contra Walter Omar Vadell López e a entidade Barrañán, S.C. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Walter Omar Vadell López e a entidade Barrañán, S.C. a que lle aboen ao demandante a cantidade de 1.051,21 euros brutos, en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados en agosto de 2017, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Walter Omar Vadell López e Barrañán, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza