Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 174

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Mar

ORDE do 18 de decembro de 2018 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 6 de novembro de 2018 (DOG núm. 218, do 15 de novembro).

Segundo. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á persoa que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo praza producirase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á persoa designada. No caso de incapacidade temporal, o prazo iniciarase a partir da data de alta.

Cuarto. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017; DOG núm. 180, do 21 de setembro)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Berride Ferreira, Santiago Fernando.

NRP: 3542885502 A207B.

Subgrupo: A/A2.

Denominación do posto: Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

Código do posto: PE.C01.00.001.15770.060.

Nivel: 28.

Centro de destino: Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.