Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 180

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 174/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 174/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Davila Alonso contra Bean Algo, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2018.

Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente resolución la relación laboral que unía a Alejandro Davila Alonso con Bean Algo, S.L. e condeno a Bean Algo, S.L. a lle aboar a Alejandro Davila Alonso a suma de 2.312,50 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 17.156,40 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bean Algo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza