Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se recoñece o centro Safe, Educación y Formación, S.L. como escola de navegación de lecer (Enal).

Antecedentes.

O centro Safe, Educación y Formación, S.L. solicitou o recoñecemento como escola de navegación de lecer (Enal).

Consideracións legais e técnicas:

1. Decreto 39/2018, do 5 de abril, polo que se modifica o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG núm. 78, do 23 de abril).

2. Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer (BOE núm. 247, do 11 de outubro).

3. Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 164, do 25 de agosto).

4. O Servizo de Ensino e Titulacións Náutico Pesqueiras analizou a documentación e realizou as correspondentes inspeccións.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro é a competente para resolver o expediente.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVE:

Recoñecer o centro Safe, Educación y Formación, S.L. como escola de navegación de lecer (Enal), e segundo o artigo 7 da Orde do 31 de xullo de 1998, pola que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia, terá a consideración de centro colaborador da Administración nos temas que lle son propios.

Así mesmo, procédese á inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro co número de rexistro XGEN052. As súas instalacións están situadas na avenida da Habana, núm. 54, 2ª planta, 32004 Ourense.

A inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer ten como finalidade a anotación, o seguimento, o control e a inspección da escola recoñecida. Terá unha vixencia de cinco (5) anos, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución e deberá solicitar a súa renovación transcorrido ese prazo.

A escola está obrigada a comunicarlle ao Rexistro calquera cambio que modifique as condicións en que foi recoñecida, como pode ser o cambio do instrutor/a ou da embarcación de prácticas.

Así mesmo, a escola poderá perder o seu recoñecemento e darse de baixa no rexistro por non renovar o recoñecemento, por incumprimento das súas obrigas ou por cesamento da actividade por máis de tres (3) anos. A resolución publicarase no DOG.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2018

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro