Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2018 Páx. 53956

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 240/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Manuel Casas Señarís contra CRE Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L. se acordou notificar parte dispositiva de auto e decreto con data do 13 de noviembre de 2018 e 15 de noviembre de 2018, ditado no procedemento ETX 240/2018, a CRE Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., en ignorado paradoiro:

«Parte dispositiva:

Fallo despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, José Manuel Casas Señarís, fronte a CRE Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., parte executada, por importe de 15.102,36 euros de principal, máis 2.341,90 euros de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, máis 1.744,42 euros de xuros e custas provisionais sen prexuízo de posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza, a letrada da Administración de xustiza (…)

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza Susana Varela Amboage

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2018

Vistas as dilixencias que anteceden e descoñecéndose polo momento a existencia de bens suficientes titularidade desta, acordo practicar os trámites de investigación de bens, de acordo coas normas sinaladas no artigo 248 da LPL.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza».

«Parte dispositiva:

Para dar efectividade á orde xeral de execución, acordo o embargo dos seguintes bens:

– Devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para ese efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– Saldos das contas bancarias que segundo os datos existentes na aplicación informática posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que levará a efecto a través da conta de consignacións xudiciais.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

– A conta de consignacións do órgano xudicial para efectos de pagamento será a seguinte: conta número 5076 0000 64 0240 18 debendo indicar no campo “Concepto de pagamento”.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0240 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “Concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0240 18. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

Letrada da Administración de xustiza».

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a CRE Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L. en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza