Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2018 Páx. 53954

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 264/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Ángel Parrado Munín, José Luis Díaz Ferro, Antonio Quintela Feanes, Santiago García Rey, José Manuel Liñares Vigo, José Víctor Aldrey Vigo, José Luis Barreiro Fernández, Diego López Turnes, Luis Pereira Salvado contra Hermanos Vigo Otero, S.L. acordouse notificar parte dispositiva de decreto do 14.11.2018 ditado no procedemento ETX 264/2017 a Hermanos Vigo Otero, S.L., en ignorado paradoiro:

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Hermanos Vigo Otero, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 17.586,69 euros de principal, máis 5.162,11 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 2.274,85 euros de xuros y custas provisionais, insolvencia que se entenderá a todos os efectos como provisional.

b) Archivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantenlos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta 5076 0000 64 00264 78. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0264 17. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de “observacións” a data da resolución recorrida utilizando 3 o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles. o formato dd/mm/aaaa.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación a Hermanos Vigo Otero, S.L. en ignorado paradoiro expide a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza