Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2018 Páx. 53382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de novembro de 2018, polo que se aproba definitivamente o proxecto da LMT 30 kV evacuación PE Cadeira como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como das disposicións normativas contidas no mencionado proxecto.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 15 de novembro de 2018, cuxa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Proxecto sectorial LMT 30 kV evacuación PE Cadeira, promovido por Norvento Estelo, S.L.U.

Segundo. De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997 polo que se aproba o Plan eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, modificado mediante o Acordo do 5 de decembro de 2002, o planeamento nos concellos de Lourenzá, Riotorto, Mondoñedo e A Pastoriza queda vinculados ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

De conformidade co artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, publícanse como anexo a esta resolución as disposicións normativas do proxecto sectorial denominado LMT 30 kV evacuación PE Cadeira.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Disposicións normativas do proxecto sectorial

1. Relación co planeamento urbanístico local vixente e proposta de modificación.

A LMT 30 kV evacuación PE Cadeira afecta a catro termos municipais: Lourenzá, Riotorto, Mondoñedo e A Pastoriza. A seguir analízase a relación coa normativa urbanística vixente en cada caso.

En virtude do disposto na Lei 2/2016, do solo de Galicia, a nova categoría de solo rústico proposta no presente documento superpoñerase, sen desprazala, sobre a que posúan os terreos nos planeamentos para o solo rústico de especial protección, prevalecendo a que outorgue maior protección.

1.1. Relación co planeamento municipal do Concello de Lourenzá.

1.1.1. Adecuación ao planeamento municipal do Concello de Lourenzá.

A superficie de afección urbanístico-territorial derivada dos distintos elementos da liña eléctrica, neste caso unicamente no seu trazado en aéreo, situados no termo municipal de Lourenzá é de 5,60 ha, o que supón o 47,9 % da área de afección urbanístico territorial total, de 11,69 ha.

O municipio de Lourenzá dispón de normas subsidiarias de planeamento (NSP) aprobadas o 31 de xaneiro de 1995, as cales cualifican a zona afectada pola implantación da liña eléctrica como solo non urbanizable de protección de espazos naturais, solo non urbanizable de protección forestal, e como solo non urbanizable común.

A parte das NSP de Lourenzá que son de aplicación neste caso, inclúense no anexo I deste proxecto sectorial.

En todo caso, de conformidade co previsto na disposición transitoria primeira da Lei 2/2016 do solo de Galicia: réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento (desenvolvida pola disposición transitoria segunda do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016) para os municipios con planeamento urbanístico aprobado definitivamente con anterioridade á entrada en vigor da presente lei e non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (que é o caso de Lourenzá), ao solo non urbanizable ou solo rústico, aplicaráselle o disposto na Lei 2/2016 para solo rústico.

A Lei 2/2016, no seu artigo 35 regula os usos e actividades posibles no solo rústico. Entre estes inclúense os recollidos no punto:

«m) Instalacións e infraestruturas hidráulicas, de telecomunicacións, produción e transporte de enerxía, gas, abastecemento de auga, saneamento e xestión e tratamento de residuos, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren».

A liña eléctrica obxecto de estudo, concibida como instalación de produción de enerxía, está entre os usos relacionados no citado punto.

Os devanditos usos, segundo o artigo 36 da Lei 2/2016, son admisibles en calquera categoría de solo rústico, sen prexuízo do disposto nos instrumentos de ordenación do territorio e, de ser o caso, previa obtención do título habilitante municipal de natureza urbanística.

1.1.2. Proposta de modificacións do planeamento municipal de Lourenzá.

Considérase conveniente propoñer modificacións da normativa urbanística vixente no municipio de Lourenzá para compatibilizar a LMT 30 kV evacuación PE Cadeira cos usos do solo previstos nesta, posto que existen elementos que poden condicionar aspectos deste proxecto.

Cando se modifique ou revise o planeamento do termo municipal de Lourenzá, ou se adapte á Lei do solo, incluiranse as delimitacións sinaladas no plano I1101-19-PL 06, cualificándoas como solo rústico de protección de infraestruturas.

Non obstante, en atención ao disposto no artigo 34.4 da Lei 2/2016 do solo de Galicia, o ámbito no cal se considerará o novo réxime de solo rústico de especial protección de infraestruturas proposto superpoñerase complementariamente aos das outras categorías de solo rústico que concorran.

Deste modo, atendendo á cualificación actual do solo segundo o planeamento de Lourenzá, e tendo en conta as características e uso actual dos terreos afectados, segundo o artigo 34 da Lei 2/2016, cabe cualificar o solo rústico afectado neste municipio como solo rústico de protección ordinaria (categoría de solo á que equivalería a cualificada como solo non urbanizable común polas NSP de Lourenzá); solo rústico de protección de espazos naturais (categoría de solo equivalente á cualificada como solo non urbanizable de protección de espazos naturais polas NSP de Lourenzá) e solo rústico de protección forestal (categoría de solo á que equivalería a cualificada como solo non urbanizable de protección forestal polas NSP de Lourenzá). A devandita cualificación recóllese na documentación gráfica deste proxecto.

Resultará de aplicación a seguinte normativa:

1. Ámbito de aplicación.

Comprende esta categoría de solos á zona delimitada pola poligonal incluída na documentación gráfica do presente proxecto destinada á instalación dun sistema xeral de infraestruturas vinculadas ao transporte e distribución de enerxía eléctrica, para a evacuación da enerxía renovable xerada no parque eólico Cadeira.

Non se permitirán outras construcións que non sexan estritamente necesarias para o axeitado funcionamento da liña de alta tensión.

A área de afección total da LMT 30 kV evacuación PE Cadeira é de 116.912 m2, dos cales 56.089,62 m2 corresponden co termo municipal de Lourenzá.

2. Condicións de uso.

O uso permitido ou autorizable é o de liñas eléctricas, así como os permitidos con anterioridade sempre que se respecte a área de servidume de enerxía eléctrica representada nos planos de planeamento modificado como área de afección urbanístico-territorial.

Para o cálculo da servidume da liña eléctrica en aéreo considérase a zona de servidume de voo (franxa definida pola proxección sobre o chan dos condutores extremos, considerados estes e as súas cadeas de illantes nas condicións máis desfavorables), máis unha distancia adicional de seguridade co fin de evitar as interrupcións do servizo e os posibles incendios producidos polo contacto de ramas ou madeiros de árbores cos condutores dunha liña eléctrica aérea (2 m segundo ITC-LAT 07 do R.L.A.T.).

Tras a construción da liña, esta área de servidume non poderá ser utilizada polos propietarios dos terreos para actividades que afecten negativamente á infraestrutura proxectada, como edificar ou realizar plantacións de especies forestais de gran porte.

Quedan permitidos os usos gandeiros e agrícolas con algunhas limitacións, ademais do da instalación dunha infraestrutura eléctrica.

Para poder implantar o uso citado deberá contar tanto con informe favorable por parte do órgano ambiental coma coa aprobación deste proxecto sectorial.

Segundo o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, establécese que:

«Artigo 158. Servidume de paso aéreo de enerxía eléctrica

A servidume de paso aéreo de enerxía eléctrica comprenderá:

a) O voo sobre o predio servente.

b) O establecemento de postes, torres ou apoios fixos para a sustentación dos cables condutores de enerxía eléctrica e instalación de postas a terra dos devanditos postes, torres ou apoios fixos.

c) O dereito de paso ou acceso para atender ao establecemento, vixilancia, conservación, reparación da liña eléctrica e corte de arboredo, se fose necesario.

d) A ocupación temporal de terreos ou outros bens, de ser o caso, necesarios aos fins indicados no parágrafo c) anterior.

Artigo 162. Relacións civís

1. A servidume de paso de enerxía eléctrica non impide ao dono do predio servente cercalo ou edificar sobre el, deixando a salvo a devandita servidume, sempre que sexa autorizado pola Administración competente, que tomará en especial consideración a normativa vixente en materia de seguridade. Poderá, así mesmo, o dono solicitar o cambio de trazado da liña, se non existen dificultades técnicas, correndo pola súa costa os gastos da variación, incluíndo nos devanditos gastos os prexuízos ocasionados.

2. Entenderase que a servidume foi respectada cando a cerca, plantación ou edificación construída polo propietario non afecte o contido desta e á seguridade da instalación, persoas e bens de acordo co presente real decreto.

3. En todo caso, e para as liñas eléctricas aéreas, queda limitada a plantación de árbores e prohibida a construción de edificios e instalacións industriais na franxa definida pola proxección sobre o terreo dos condutores extremos nas condicións máis desfavorables, incrementada coas distancias regulamentarias a ambos os dous lados da devandita proxección.

Para as liñas subterráneas prohíbese a plantación e construcións mencionadas no parágrafo anterior, na franxa definida pola gabia onde van aloxados os condutores incrementada nas distancias mínimas de seguridade regulamentarias».

1.2. Relación co planeamento municipal do Concello de Riotorto.

1.2.1. Adecuación ao planeamento municipal do Concello de Riotorto.

A superficie de afección urbanístico-territorial derivada dos distintos elementos da liña eléctrica, no seu trazado tanto en aéreo coma en subterráneo, situados no concello de Riotorto é de 2,22 ha, o que supón o 18,99 % da área de afección total urbanístico-territorial, de 11,69 ha.

O concello de Riotorto dispón como único elemento de ordenación urbanística de delimitación de solo urbano (DSU), con data de aprobación do 13 de marzo de 1986.

Posto que o solo urbano non se verá afectado, neste caso resultan de aplicación as normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial de Lugo, segundo o disposto no seu artigo 4; atendendo a esta normativa, os terreos afectados no termo municipal de Riotorto estarían catalogados como solo non urbanizable.

En todo caso, de conformidade co previsto na disposición transitoria primeira da Lei 2/2016 do solo de Galicia: réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento (desenvolvida pola disposición transitoria segunda do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016) para os municipios sen plan xeral (caso de Riotorto) aplicarase o réxime de solo rústico establecido na devandita lei.

A Lei 2/2016, no seu artigo 35 regula os usos e actividades posibles no solo rústico. Entre estes inclúense os recollidos no punto:

«m) Instalacións e infraestruturas hidráulicas, de telecomunicacións, produción e transporte de enerxía, gas, abastecemento de auga, saneamento e xestión e tratamento de residuos, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren».

A liña eléctrica obxecto de estudo, concibida como instalación de produción de enerxía, está entre os usos relacionados no citado punto.

Os devanditos usos, segundo o artigo 36 da Lei 2/2016, son admisibles en calquera categoría de solo rústico, sen prexuízo do disposto nos instrumentos de ordenación do territorio e, de ser o caso, previa obtención do título habilitante municipal de natureza urbanística.

1.2.2. Proposta de modificacións do planeamento municipal de Riotorto.

Considérase conveniente propoñer modificacións da normativa urbanística vixente no municipio de Riotorto para compatibilizar a LMT 30 kV evacuación PE Cadeira cos usos de solo previstos nesta, posto que existen elementos que poden condicionar aspectos do presente proxecto.

Cando se modifique ou revise o planeamento do termo municipal de Riotorto, ou se adapte á Lei do solo, incluiranse as delimitacións sinaladas na documentación gráfica deste proxecto, cualificándoas como solo rústico de protección de infraestruturas.

Non obstante, en atención ao disposto no artigo 34.4 da Lei 2/2016 do solo de Galicia, o ámbito en que se considerará o novo réxime de solo rústico de especial protección de infraestruturas proposto superpoñerase complementariamente aos das outras categorías de solo rústico que concorran.

Deste modo, atendendo ás características e uso actual dos terreos afectados no concello de Riotorto, segundo o artigo 34 da Lei 2/2016, cabe cualificar o solo rústico afectado neste municipio como solo rústico de protección forestal e solo rústico de protección agropecuaria por considerarse unha zona potencial para o aproveitamento forestal e agrícola do solo, segundo o caso, e por dedicarse á devandita actividade os terreos limítrofes. A devandita cualificación recóllese na documentación gráfica deste proxecto.

Resultará de aplicación a seguinte normativa:

1. Ámbito de aplicación.

Comprende esta categoría de solos a zona delimitada pola poligonal incluída na documentación gráfica do presente proxecto destinada á instalación dun sistema xeral de infraestruturas vinculadas ao transporte e distribución de enerxía eléctrica, para a evacuación da enerxía renovable xerada no parque eólico Cadeira.

Non se permitirán outras construcións que non sexan estritamente necesarias para o axeitado funcionamento da liña de alta tensión.

A área de afección total da LMT 30 kV evacuación PE Cadeira é de 116.912 m2, dos cales 22.177 m2, corresponden co termo municipal de Riotorto.

2. Condicións de uso.

O uso permitido ou autorizable é o de liñas eléctricas, así como os permitidos con anterioridade sempre que se respecte a área de servidume de enerxía eléctrica representada nos planos de planeamento modificado como área de afección urbanístico-territorial.

Para o cálculo da servidume da liña eléctrica en aéreo considérase a zona de servidume de voo (franxa definida pola proxección sobre o chan dos condutores extremos, considerados estes e as súas cadeas de illantes nas condicións máis desfavorables), máis unha distancia adicional de seguridade co fin de evitar as interrupcións do servizo e os posibles incendios producidos polo contacto de ramas ou madeiros de árbores cos condutores dunha liña eléctrica aérea (2 m segundo ITC-LAT 07 do R.L.A.T.).

No caso da traza subterránea, considérase para o cálculo da superficie de afección 2,5 metros a cada lado do eixe da liña, resultando un total de 5 metros de ancho.

Tras a construción da liña, esta área de servidume non poderá ser utilizada polos propietarios dos terreos para actividades que afecten negativamente á infraestrutura proxectada, como edificar ou realizar plantacións de especies forestais de gran porte. Quedan permitidos os usos gandeiros e agrícolas con algunhas limitacións, ademais do da instalación dunha infraestrutura eléctrica.

Para poder implantar o uso citado deberá contar tanto con informe favorable por parte do órgano ambiental como coa aprobación do presente proxecto sectorial.

Segundo o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, establécese que:

«Artigo 158. Servidume de paso aéreo de enerxía eléctrica

A servidume de paso aéreo de enerxía eléctrica comprenderá:

a) O voo sobre o predio servente.

b) O establecemento de postes, torres ou apoios fixos para a sustentación dos cables condutores de enerxía eléctrica e instalación de postas a terra dos devanditos postes, torres ou apoios fixos.

c) O dereito de paso ou acceso para atender o establecemento, vixilancia, conservación, reparación da liña eléctrica e corte de arboredo, se fose necesario.

d) A ocupación temporal de terreos ou outros bens, de ser o caso, necesarios aos fins indicados no parágrafo c) anterior.

Artigo 159. Servidume de paso subterráneo de enerxía eléctrica

A servidume de paso subterráneo de enerxía eléctrica comprenderá:

a) A ocupación do subsolo polos cables condutores á profundidade e coas demais características que sinale a normativa técnica e urbanística aplicable. Para os efectos do expediente expropiatorio e sen prexuízo do disposto en canto a medidas e distancias de seguridade nos regulamentos técnicos na materia, a servidume subterránea comprende a franxa de terreo situada entre os dous condutores extremos da instalación.

b) O abastecemento dos dispositivos necesarios para o apoio ou fixación dos condutores.

c) O dereito de paso ou acceso para atender o establecemento, vixilancia, conservación e reparación da liña eléctrica.

d) A ocupación temporal de terreos ou outros bens, de ser o caso, necesarios aos fins indicados no parágrafo c) anterior.

Artigo 162. Relacións civís

1. A servidume de paso de enerxía eléctrica non impide ao dono do predio servente cercalo ou edificar sobre el, deixando a salvo a devandita servidume, sempre que sexa autorizado pola Administración competente, que tomará en especial consideración a normativa vixente en materia de seguridade. Poderá, así mesmo, o dono solicitar o cambio de trazado da liña, se non existen dificultades técnicas, correndo pola súa costa os gastos da variación, incluíndo nos devanditos gastos os prexuízos ocasionados.

2. Entenderase que a servidume foi respectada cando a cerca, plantación ou edificación construída polo propietario non afecte o contido desta e á seguridade da instalación, persoas e bens de acordo co presente real decreto.

3. En todo caso, e para as liñas eléctricas aéreas, queda limitada a plantación de árbores e prohibida a construción de edificios e instalacións industriais na franxa definida pola proxección sobre o terreo dos condutores extremos nas condicións máis desfavorables, incrementada coas distancias regulamentarias a ambos os dous lados da devandita proxección.

Para as liñas subterráneas prohíbese a plantación e construcións mencionadas no parágrafo anterior, na franxa definida pola gabia onde van aloxados os condutores incrementada nas distancias mínimas de seguridade regulamentarias».

1.3. Relación co planeamento municipal do Concello de Mondoñedo.

1.3.1. Adecuación ao planeamento municipal do Concello de Mondoñedo.

A superficie de afección urbanístico-territorial derivada dos distintos elementos da liña eléctrica, no seu trazado tanto en aéreo coma en subterráneo, situados no concello de Mondoñedo é de 3,28 ha, o que supón o 28,06 % da área de afección total urbanístico-territorial, de 11,69 ha.

O concello de Mondoñedo dispón dun Plan xeral de ordenación municipal aprobado o 13 de xuño de 2016, o cal cualifica a zona afectada pola implantación da liña eléctrica como solo rústico de protección agrícola, solo rústico de protección de infraestruturas e solo rústico de protección forestal.

A parte do PXOM do concello de Mondoñedo que resulta de aplicación neste caso inclúese no anexo I do presente proxecto sectorial.

En todo caso, de conformidade co previsto na disposición transitoria primeira da Lei 2/2016 do solo de Galicia: réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento (desenvolvida pola disposición transitoria segunda do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016) para os municipios con planeamento urbanístico aprobado definitivamente con anterioridade á entrada en vigor desta lei e adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (que é o caso de Mondoñedo), ao solo rústico, aplicaráselle o disposto na Lei 2/2016 para solo rústico, mantendo, en todo caso, a vixencia das categorías de solo contempladas no plan respectivo.

A Lei 2/2016, no seu artigo 35 regula os usos e actividades posibles no solo rústico.

Entre estes inclúense os recollidos no punto:

«m) Instalacións e infraestruturas hidráulicas, de telecomunicacións, produción e transporte de enerxía, gas, abastecemento de auga, saneamento e xestión e tratamento de residuos, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren».

A liña eléctrica obxecto de estudo, concibida como instalación de produción de enerxía, está entre os usos relacionados no citado punto.

Os devanditos usos, segundo o artigo 36 da Lei 2/2016, son admisibles en calquera categoría de solo rústico, sen prexuízo do disposto nos instrumentos de ordenación do territorio e, de ser o caso, previa obtención do título habilitante municipal de natureza urbanística.

1.3.2. Proposta de modificacións do planeamento municipal de Mondoñedo.

Considérase conveniente propoñer modificacións da normativa urbanística vixente no municipio de Mondoñedo para compatibilizar a LMT 30 kV evacuación PE Cadeira cos usos de solo previstos nesta, posto que existen elementos que poden condicionar aspectos do presente proxecto.

Cando se modifique ou revise o planeamento do termo municipal de Mondoñedo, ou se adapte á Lei do solo, incluiranse as delimitacións sinaladas na documentación gráfica deste proxecto, cualificándoas como solo rústico de protección de infraestruturas.

Non obstante, en atención ao disposto no artigo 34.4 da Lei 2/2016 do solo de Galicia, o ámbito no cal se considerará o novo réxime de solo rústico de especial protección de infraestruturas proposto superpoñerase complementariamente aos das outras categorías de solo rústico que concorran.

Deste modo, atendendo á cualificación actual do solo segundo o planeamento de Mondoñedo, e tendo en conta as características e uso actual dos terreos afectados, segundo o artigo 34 da Lei 2/2016, cabe cualificar o solo rústico afectado neste municipio como solo rústico de protección agropecuaria (categoría de solo á que equivalería a cualificada como solo rústico de protección agrícola polo PXOM de Mondoñedo), solo rústico de protección de infraestruturas (categoría de solo á que equivalería a cualificada como solo rústico de protección de infraestruturas polo PXOM de Mondoñedo) e solo rústico de protección forestal (categoría de solo á que equivalería a cualificada como solo rústico de protección forestal polo PXOM de Mondoñedo). A devandita cualificación recóllese na documentación gráfica deste proxecto.

Resultará de aplicación a seguinte normativa:

1. Ámbito de aplicación.

Comprende esta categoría de solos a zona delimitada pola poligonal incluída na documentación gráfica do presente proxecto, destinada á instalación dun sistema xeral de infraestruturas vinculadas ao transporte e distribución de enerxía eléctrica, para a evacuación da enerxía renovable xerada no parque eólico Cadeira.

Non se permitirán outras construcións que non sexan estritamente necesarias para o axeitado funcionamento da liña de alta tensión.

A área de afección total da LMT 30 kV evacuación PE Cadeira é de 116.912 m2, dos cales 32.752 m2, corresponden co termo municipal de Mondoñedo.

2. Condicións de uso.

O uso permitido ou autorizable é o de liñas eléctricas, así como os permitidos con anterioridade sempre que se respecte a área de servidume de enerxía eléctrica representada nos planos de planeamento modificado como área de afección urbanístico-territorial.

Para o cálculo da servidume da liña eléctrica en aéreo considérase a zona de servidume de voo (franxa definida pola proxección sobre o chan dos condutores extremos, considerados estes e as súas cadeas de illantes nas condicións máis desfavorables), máis unha distancia adicional de seguridade co fin de evitar as interrupcións do servizo e os posibles incendios producidos polo contacto de ramas ou madeiros de árbores cos condutores dunha liña eléctrica aérea (2 m segundo ITC-LAT 07 do R.L.A.T.).

No caso da traza subterránea, considérase para o cálculo da superficie de afección 2,5 metros a cada lado do eixe da liña, resultando un total de 5 metros de ancho.

Tras a construción da liña, esta área de servidume non poderá ser utilizada polos propietarios dos terreos para actividades que afecten negativamente á infraestrutura proxectada, como edificar ou realizar plantacións de especies forestais de gran porte.

Quedan permitidos os usos gandeiros e agrícolas con algunhas limitacións, ademais do da instalación dunha infraestrutura eléctrica.

Para poder implantar o uso citado deberá contar tanto con informe favorable por parte do órgano ambiental como coa aprobación do presente proxecto sectorial.

O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, establece, tal e como se recolle no punto anterior, tanto os puntos que comprende a servidume de paso aéreo e subterráneo (artigo 158 e artigo 159) coma as relacións civís a ter en conta (artigo 162).

1.4. Relación co planeamento municipal do Concello da Pastoriza.

1.4.1. Adecuación ao planeamento municipal do Concello da Pastoriza.

A superficie de afección urbanístico-territorial derivada dos distintos elementos da liña eléctrica no seu trazado en subterráneo no concello da Pastoriza é de 0,59 ha, o que supón o 5,05 % da área de afección total urbanístico-territorial, de 11,69 ha.

O concello da Pastoriza dispón dun Plan xeral de ordenación municipal aprobado o 9 de agosto de 2013, o cal cualifica a zona afectada pola implantación da liña eléctrica como solo rústico de protección forestal produtivo.

A parte do PXOM do concello da Pastoriza que resulta de aplicación neste caso inclúese no anexo I do presente proxecto sectorial.

En todo caso, de conformidade co previsto na disposición transitoria primeira da Lei 2/2016 do solo de Galicia: réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento (desenvolvida pola disposición transitoria segunda do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016) para os municipios con planeamento urbanístico aprobado definitivamente con anterioridade á entrada en vigor da presente lei e adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (que é o caso da Pastoriza), ao solo rústico, aplicaráselle o disposto na Lei 2/2016 para solo rústico, mantendo, en todo caso, a vixencia das categorías de solo contempladas no planeamento respectivo.

A Lei 2/2016, no seu artigo 35 regula os usos e actividades posibles no solo rústico. Entre estes inclúense os recollidos no punto:

«m) Instalacións e infraestruturas hidráulicas, de telecomunicacións, produción e transporte de enerxía, gas, abastecemento de auga, saneamento e xestión e tratamento de residuos, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren».

A liña eléctrica obxecto de estudo, concibida como instalación de produción de enerxía, está entre os usos relacionados no citado punto.

Os devanditos usos, segundo o artigo 36 da Lei 2/2016, son admisibles en calquera categoría de solo rústico, sen prexuízo do disposto nos instrumentos de ordenación do territorio e, de ser o caso, previa obtención do título habilitante municipal de natureza urbanística.

1.4.2. Proposta de modificacións do planeamento municipal da Pastoriza.

Considérase conveniente propoñer modificacións da normativa urbanística vixente no municipio da Pastoriza para compatibilizar a LMT 30 kV evacuación PE Cadeira cos usos de solo previstos nesta, posto que existen elementos que poden condicionar aspectos deste proxecto.

Cando se modifique ou revise o planeamento do termo municipal da Pastoriza, ou se adapte á Lei do solo, incluiranse as delimitacións sinaladas na documentación gráfica do presente proxecto, cualificándoas como solo rústico de protección de infraestruturas.

Non obstante, en atención ao disposto no artigo 34.4 da Lei 2/2016 do solo de Galicia, o ámbito no cal se considerará o novo réxime de solo rústico de especial protección de infraestruturas proposto superpoñerase complementariamente aos das outras categorías de solo rústico que concorran.

Deste modo, atendendo á cualificación actual do solo segundo o planeamento da Pastoriza, e tendo en conta as características e uso actual dos terreos afectados, segundo o artigo 34 da Lei 2/2016, cabe cualificar o solo rústico afectado neste municipio como solo rústico de protección forestal (categoría de solo á que equivalería a cualificada como solo rústico de protección forestal produtivo polo PXOM da Pastoriza). A devandita cualificación recóllese na documentación gráfica do presente proxecto.

Resultará de aplicación a seguinte normativa:

1. Ámbito de aplicación.

Comprende esta categoría de solos a zona delimitada pola poligonal incluída na documentación gráfica do proxecto destinada á instalación dun sistema xeral de infraestruturas vinculadas ao transporte e distribución de enerxía eléctrica, para a evacuación da enerxía renovable xerada no parque eólico Cadeira.

Non se permitirán outras construcións que non sexan estritamente necesarias para o axeitado funcionamento da liña de alta tensión.

A área de afección total da LMT 30 kV evacuación PE Cadeira é de 116.912 m2, dos cales 5.893 m2, corresponden co termo municipal da Pastoriza.

2. Condicións de uso.

O uso permitido ou autorizable é o de liñas eléctricas, así como os permitidos con anterioridade sempre que se respecte a área de servidume de enerxía eléctrica representada nos planos de planeamento modificado como área de afección urbanístico-territorial.

No caso da traza subterránea, considérase para o cálculo da superficie de afección 2,5 metros a cada lado do eixe da liña, resultando un total de 5 metros de ancho.

Tras a construción da liña, esta área de servidume non poderá ser utilizada polos propietarios dos terreos para actividades que afecten negativamente á infraestrutura proxectada, como edificar ou realizar plantacións de especies forestais de gran porte.

Quedan permitidos os usos gandeiros e agrícolas con algunhas limitacións, ademais do da instalación dunha infraestrutura eléctrica.

Para poder implantar o uso citado deberá contar tanto con informe favorable por parte do órgano ambiental como coa aprobación do presente proxecto sectorial.

O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, establece, tal e como se recolle no punto anterior, tanto os puntos que comprende a servidume de paso aéreo e subterráneo (artigo 158 e artigo 159) coma as relacións civís a ter en conta (artigo 162).

1.5. Prazo.

A adecuación do planeamento urbanístico municipal vixente ao proxecto sectorial, deberá realizarse con:

▪ A revisión do planeamento urbanístico municipal vixente.

▪ A adaptación do plan á Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

1.6. Eficacia.

De acordo co establecido no artigo 11 do Decreto 80/2000, a aprobación definitiva do proxecto sectorial polo Consello da Xunta, seguindo o procedemento establecido no artigo 25 da Lei 10/1995, á marxe de cando se adecúe o planeamento municipal, implica que as súas determinacións terán forza vinculante para as administracións públicas e particulares e prevalecerán sobre as determinacións do planeamento urbanístico vixente.

2. Cualificación das obras e instalacións como de marcado carácter territorial.

En concordancia co establecido no Decreto 80/2000 do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal e na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e as súas modificacións, o presente proxecto sectorial cualifica expresamente de marcado carácter territorial as obras e instalacións da LMT 30 kV evacuación PE Cadeira.