Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2018 Páx. 53130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de decembro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de clasificación do monte Cabaleiro, solicitado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cesantes (Redondela).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica, logo de que fosen devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

O acto foi adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos no Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, situada na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 5 de decembro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

ANEXO

Expediente: monte Cabaleiro.

Persoas interesadas: Isidoro Andrade Cimadevila e María Teresa Caride Alonso.

Acto notificado: resolución do recurso de reposición contra a clasificación do monte Cabaleiro, solicitado polos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cesantes (Redondela-Pontevedra).