Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52309

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2018 pola que se dá publicidade de varias encomendas de xestión ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) executadas durante o exercicio 2018.

1. Resolución do 4 de xullo de 2018, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a difusión dos valores naturais de áreas insulares protexidas no contorno do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. 2018. Cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) Galicia 2014-2020.

– Actividade: divulgación, educación ambiental e atención ao público nos centros de visitantes do parque nacional situados en Vigo, Cíes e Ons, así como elaboración de material divulgativo e informativo para a difusión, entre a poboación local e os visitantes, dos valores naturais do parque, a súa xestión e as súas relacións cos usos tradicionais.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público de Galicia.

– Prazo de vixencia: seis meses.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, o orzamento de execución ascende á cantidade de 299.999,86 €, con cargo a aplicación orzamentaria 07.03.541B.640.2, e está cofinanciada nun 80 % con fondos do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do seu obxectivo específico 6.3.2 Protección, desenvolvemento e promoción das áreas naturais, en particular, as de interese turístico.

2. Resolución do 4 de xullo de 2018, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) as actuacións de recuperación da estrutura e composición da vexetación natural de hábitats de interese para a conservación do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. 2018. Cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) Galicia 2014-2020.

– Actividade: eliminación de flora exótica invasora e restauración e protección de hábitats naturais.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público de Galicia.

– Prazo de vixencia: seis meses.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, o orzamento de execución ascende á cantidade de 300.000 €, con cargo a aplicación orzamentaria 07.03.541B.601.1, e está cofinanciada nun 80 % con fondos do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do seu obxectivo específico 6.4.1 Fomentar a xestión, protección e mantemento de espacios naturais e a súa biodiversidade, en particular os protexidos, que inclúan medidas para paliar os problemas de erosión, salinización, desertificación, deforestación e baixo nivel de materia orgánica.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda