Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52311

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2018 pola que se dá publicidade a dúas encomendas de xestión ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) executadas no exercicio 2018 e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

1. Resolución do 31 de decembro de 2017, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a execución da encomenda de xestión destinada a actuacións de restauración e de prevención en parques da Rede de parques naturais de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

– Actividade: asegurar a conservación da biodiversidade nos diferentes parques da Rede de parques naturais de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido la Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o prazo de execución foi de 6 meses.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, o orzamento de execución ascende á cantidade de 424.249,68 €, con cargo a aplicación orzamentaria 07.03.541B.601.1, e foi cofinanciada nun 80 % con fondos do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do seu obxectivo específico 6.4.1 Fomentar a xestión, protección e mantemento de espazos naturais e a súa biodiversidade, en particular os protexidos, que inclúan medidas para paliar os problemas de erosión, salinización, desertificación, deforestación e baixo nivel de materia orgánica.

2. Resolución do 3 de agosto de 2018, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización de actuacións de restauración e de prevención en parques da Rede de parques naturais de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

– Actividade: realizar tarefas de restauración e protección da biodiversidade, protección da natureza e infraestrutura ecolóxica, nos parques naturais de Fraga do Eume, Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Monte Aloia, Serra da Enciña da Lastra, Invernadeiro e Baixa Limia-Serra do Xurés.

– Natureza e alcance do encargo: este encargo ten natureza intersubxectiva, ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público de Galicia.

– Prazo de vixencia: os traballos realizaranse desde a sinatura da orde de execución ata o 30 de novembro de 2018.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, o orzamento de execución ascende á cantidade de 372.021,85 €, con cargo a aplicación orzamentaria 07.03.541B.601.1, e foi cofinanciada nun 80 % con fondos do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do seu obxectivo específico 6.4.1 Fomentar a xestión, protección e mantemento de espazos naturais e a súa biodiversidade, en particular os protexidos, que inclúan medidas para paliar os problemas de erosión, salinización, desertificación, deforestación e baixo nivel de materia orgánica.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda