Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52308

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2018 pola que se dá publicidade a unha encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A. executada durante o exercicio 2017.

Resolución do 28 de setembro de 2017, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A. a encomenda de xestión para actuacións para a eliminación de puntos críticos na accesibilidade das illas Cíes e Ons no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Actividade: mellora da accesibilidade nos camiños principais e secundarios e nas praias das illas Cíes e Ons.

Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público de Galicia.

Prazo de vixencia: o prazo de execución foi de novente e dous (92) días desde o día seguinte ao da notificación da encomenda, que foi o 28 de setembro de 2017.

Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 e o orzamento de execución ascende á cantidade de 79.911,80 €, con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.541B.601.2 (código de proxecto 2016 00070), cofinanciada nun 80 % con fondos do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do seu obxectivo específico 6.3.2. Protección, desenvolvemento e promoción das áreas naturais, en particular as de interese turístico.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Cnselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda