Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

ANUNCIO do 28 de novembro de 2018 polo que se dá publicidade dos informes de fiscalización presentados no Parlamento de Galicia o 27 de novembro de 2018.

O artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, establece que o resultado das fiscalizacións farase constar por medio de informes, mocións ou notas dirixidas á autoridade, organismo ou entidade ás que afecten e de memorias ordinarias ou extraordinarias, que se elevarán ao Parlamento de Galicia, con remisión de copias á Xunta de Galicia e mais ás indicadas autoridades, organismos e entidades afectadas, e faranse públicos a través dos medios dixitais do Consello e do Parlamento. O Diario Oficial de Galicia publicará o correspondente anuncio da publicación, no que constará a ligazón que permita acceder ao texto completo dos informes.

Con data 27 de novembro de 2018 eleváronse ao Parlamento de Galicia os informes aprobados polo Pleno do Consello que se relacionan no anexo.

De conformidade co disposto legalmente o texto completo dos informes atópase á disposición de calquera interesado no portal web do Consello de Contas.

Estes informes pódense consultar na ligazón:

http://www.consellodecontas.es/es/menus-consello/fiscalizacion/informes

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2018

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Informes de fiscalización sobre o sector público de Galicia

PT 2016

Informe de fiscalización dos fondos de compensación interterritorial. Exercicio 2016.

PT 2016

Informe de fiscalización do Concello de Ourense. Exercicio 2016.

PT 2016

Informe de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos expedientes con omisión do trámite de fiscalización previa. Concellos 50.000 a 75.000 habitantes. Concello de Ferrol. Exercicio 2016.

PT: Plan anual de traballo