Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51909

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de expropiación de Castro de Montes Claros.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 22 de novembro de 2018, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta para os efectos da obtención dos terreos afectados polo sistema xeral de espazo libre no Castro de Montes Claros e recollidos na modificación puntual nº 4 do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para destinalos ao fin proposto no PXOM, segundo proxecto expropiatorio redactado para o efecto.

O proxecto de expropiación sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, cos documentos sinalados no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 292 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 30 de novembro de 2018

José Manuel López Varela
Alcalde