Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2018 pola que se anuncia a formalización do contrato e se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa para o alugamento dun local para a instalación de UvigoTV (expediente P8/18).

UvigoTV é un servizo de televisión por internet prestado pola Área das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (ATIC) da Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías da Universidade de Vigo. Agrupa todos os servizos de transmisión de vídeo sobre internet da Universidade, poñendo á disposición dos usuarios contidos audiovisuais de carácter educativo e institucional. Ademais, para desenvolver esta actividade será necesario un espazo de traballo coas seguintes características técnicas: 300 m2, proximidade ao Campus Universitario, estudio de gravación, zona de despachos e videoconferencia.

A Universidade de Vigo non dispón de ningún espazo libre con estas características.

Xustificada a necesidade, procédese á adxudicación directa do aluguer do local citado (de conformidade co disposto no artigo 55 do Decreto 50/1989 do Regulamento de patrimonio da Comunidade Autónoma galega, en execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e ao abeiro das competencias outorgadas polos estatutos da Universidade de Vigo), a Cidade Universitaria, S.A. con CIF A36857902, atendendo ás peculiaridades específicas de dimensión e localización do referido local e á necesidade de proximidade ao Campus de Vigo da Universidade de Vigo para satisfacer a necesidade exposta.

Á vista do citado, resolvo facer pública a formalización do contrato (con data 1 de novembro de 2018) e o acordo da utilización do procedemento de adxudicación directa para o aluguer do local onde se situará o servizo de UvigoTV a sociedade mercantil Cidade Universitaria, S.A.

Vigo, 28 de novembro de 2018

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 21.6.2018, DOG do 28 de xuño)
Raquel María Souto García
Xerenta da Universidade de Vigo