Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51910

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a agregación de dúas unidades edificatorias (151104 e 151106) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior (PEPRI).

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 25 de outubro de 2018, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para a agregación de dúas unidades edificatorias (151104 e 151106) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior (PEPRI), redactado pola arquitecta Luisa Serrano García e solicitado por María de la O Cabezas Fernández, en representación da entidade mercantil Pazo de Orbán, S.L.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico:

– http://lugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Así mesmo, faise constar que unha vez publicado este anuncio remitiráselle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda unha copia dilixenciada, en soporte dixital, do documento aprobado definitivamente, para os efectos previstos nos artigos 82.4 e 88.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 16 de novembro de 2018

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16008543)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de
Desenvolvemento Sostible e Persoal