Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51819

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

EDICTO (PO 346/2013).

ORD Procedemento ordinario 346/2013

De: LC Asset 1 S.A.R.L.

Contra: Miranda Glegg e Constante García Juanes

Rebeca Tardáguila Rodríguez, letrada da Adminisración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, polo presente

Anuncio

Neste procedemento 346/2013 seguido por instancia de LC Asset 1 S.A.R.L. fronte a Miranda Glegg e Constante García Juanes ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 37/2018

Vistos por min, Juan Laborda Rodríguez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade, seguidos co número 346/2013, como demandante LC Asset 1 S.A.R.L. representada pola procuradora Sra. Medina Cuadros e asistida da letrada Sra. López Vázquez e como demandados, Constante García Juanes e Miranda Glegg, en situación de rebeldía.

Decido

Estimar integramente a demanda deducida por instancia de LC Asset 1 S.A.R.L. contra Constante García Juanes e Miranda Glegg, en consecuencia, condénoa a pagar a cantidade de doce mil catrocentos vinte e seis euros con oitenta e catro céntimos de euro (12.426,84 €), aumentada no xuro legal máis dous puntos desde a data da presenta sentenza.

Con imposición de custas ao demandado.

Notifíquese esta resolución ás partes en forma legal, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que se presentará por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte á notificación, todo iso coa prevención de que, conforme o artigo 455 da Lei de axuizamento civil e vista a contía da demanda reconvencional, respecto ao pronunciamiento desestimatorio dela non cabe recurso ningún. Para a presentación do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, cos datos relativos ao recurso e á conta do expediente por importe de 50 euros, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial e polo importe previsto en tal norma, o que deberá ser acreditado á formulación do recurso.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente ao xulgado en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa Juan Laborda Rodríguez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ponteareas, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E atopándose o devandito demandado Constante García Juanes e Miranda Glegg, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ponteareas, 5 de xuño de 2018

Rebeca Tardáguila Rodríguez
Letrada da Administración de xustiza