Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 6 de noviembre de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2012/148/27 e seis máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas, que a continuación se relacionan, as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se lles terá por notificadas.

As persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra as resolucións recaídas nos expedientes ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 6 de noviembre de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expte.

Efectos xurídicos

DNI

Data da
resolución

Eddy Miguel Paulino Capellán

2012/148/27

Asunción de medida administrativa e derivación a recurso

Descoñecido

31.10.2018

Eddy Miguel Paulino Capellán

2012/149/27

Asunción de medida administrativa e derivación a recurso

Descoñecido

31.10.2018

Mirtha Elizabeth Fernández Gammariello

2006/1/27

Cambio de medida administrativa e cese de recurso

Descoñecido

30.10.2018

José Luis Castro Sánchez

2018/12/27

Improcedencia de medida

Descoñecido

23.10.2018

Denis Alejandro Alí Villena

2017/22/27

Cesamento de medida e arquivamento

Descoñecido

2.11.2018

Camelia Romero Guerreiro

2018/103/27

Mantemento de medida administrativa e prórroga de recurso

*****597E

10.10.2018

Camelia Romero Guerreiro

2018/104/27

Mantemento de medida administrativa e prórroga de recurso

*****597E

10.10.2018