Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 31 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente tramitado por esta entidade 2018/10/27.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan as resolucións ditadas pola xefa territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar a dita notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

O expediente atópase á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer a efectos de ter coñecemento do contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas advertíndolles que, de non facelo, se lles terá por notificadas.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo, que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á notificación das resolucións, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 31 de outubro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2018/10/27.

Persoas interesadas: Brahim Menani e Khadjou Odaude.

Enderezo actual: descoñecido.

Asunto: Resolución do 1 de xuño de 2018 e corrección de erros do 12 de xuño de 2018.

Efectos: cambio de medida administrativa e mantemento do recurso.