Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de novembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro e a prevalencia sobre un aproveitamento forestal do parque eólico Sasdónigas fase II, situado nos concellos de Mondoñedo e de Abadín (Lugo) e promovido por Norvento Estelo, S.L.U. (LU-11/125-EOL).

En cumprimento do disposto no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de novembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro e a prevalencia sobre un aproveitamento forestal do parque eólico Sasdónigas fase II, localizado nos concellos de Mondoñedo e de Abadín (Lugo) e promovido por Norvento Estelo, S.L.U. (LU-11/125-EOL).

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de novembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro e a prevalencia sobre un aproveitamento forestal do parque eólico Sasdónigas fase II, localizado nos concellos de Mondoñedo e de Abadín (Lugo) e promovido por Norvento Estelo, S.L.U. (LU-11/125-EOL)

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Norvento, S.L., e promovido actualmente por Norvento Estelo, S.L.U., en relación coa declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Sasdónigas fase II (en diante, o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Sasdónigas fase II, cunha potencia de 9 MW e promovido por Norvento, S.L. (en diante, o promotor).

Segundo. O 30.12.2010, o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a inclusión no réxime especial e a declaración de utilidade pública, en concreto, para o parque eólico. Posteriormente, o 22.2.2011, o promotor solicitou a aprobación do proxecto sectorial do parque eólico.

Terceiro. Por Resolución do 15 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo (en diante, a xefatura territorial), someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción, declaración de utilidade pública, en concreto, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 6.2.2012, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 19.1.2012 e no xornal La Voz de Galicia do 20.1.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Mondoñedo e Abadín), da xefatura territorial, e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A seguir resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública, recollidas no punto 1 do anexo deste acordo:

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade dos predios afectados e cos tipos de cultivos.

– A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) expón que o parque eólico se localiza na área de influenza de espazos da Rede Natura, a menos de 500 m da ampliación do LIC Serra do Xistral, que afecta hábitats prioritarios, fundamentalmente breixais húmidos atlánticos, que as instalacións están a menos de 500 m do Camiño de Santiago, que teñen dúbidas sobre a validez do estudo de impacto ambiental, que a lagarta da braña (Zooteca vivipara) e o voitre negro (Aegypius monachus) están presentes na área de estudo, e que a clasificación do solo vixente non é compatible coa instalación do parque eólico.

Cuarto. O 23.9.2011 e o 23.7.2012, o Servizo de Enerxía e Minas da xefatura territorial informou sobre os dereitos mineiros afectados polo parque eólico, indicando que a área definida pola súa poligonal afecta o permiso de investigación de recursos da sección C Celia nº 5724 (outorgado) e as solicitudes de concesión de explotación de recursos da sección C Celia fracción 2ª nº 5724.2 e Celia fracción 4ª nº 5724.4.

Quinto. O 9.11.2011, a xefatura territorial emitiu o informe sobre o proxecto do parque eólico.

Sexto. O 24.7.2012, a xefatura territorial acordou a incoación do trámite de compatibilidade entre o parque eólico e o permiso de investigación Celia nº 5724 e as solicitudes de concesión de explotación derivadas dese permiso Celia fracción 2ª nº 5724.2 e Celia fracción 4ª nº 5724.4, dando audiencia aos interesados.

Sétimo. O 20.8.2012, Hilda Rosa Vázquez Meregildo, en representación de Pizarras Vega, S.L., achegou un escrito de alegacións en relación co trámite de compatibilidade. O 1.10.2012, o promotor achegou a súa resposta.

Oitavo. O 9.11.2012, a xefatura territorial emitiu o informe de compatibilidade entre o parque eólico e os dereitos mineiros mencionados nos antecedentes de feito cuarto e sexto.

Noveno. O 29.4.2013, o promotor solicitou á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas modificacións do proxecto consistentes, de forma xeral, na variación das posicións da torre meteorolóxica e do aeroxerador denominado SD03, debido aos requirimentos establecidos pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural sobre o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

Décimo. O 26.11.2013, a xefatura territorial remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo primeiro. Por Resolución do 4 de agosto de 2015, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas aceptou as modificacións a que se fai referencia no antecedente de feito noveno.

Décimo segundo. O 24.11.2017, de acordo co establecido na disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, o promotor solicitou a tramitación do expediente de acordo co procedemento establecido pola dita lei.

Décimo terceiro. O 7.12.2017, o promotor solicitou a declaración de interese especial para o parque eólico. O 21.12.2017, o Consello da Xunta de Galicia declarou o parque eólico como proxecto de interese especial.

Décimo cuarto. O 27.6.2018 o promotor modificou a súa solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico, co obxecto de adaptala ás modificacións autorizadas pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas o 4.8.2015, achegando a correspondente relación de bens e dereitos afectados actualizada.

Décimo quinto. O 13.7.2018, Ramón José Candia Díaz presentou no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia en Vilalba, un escrito en relación coa titularidade de predios afectados.

Décimo sexto. O 23.7.2018, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que fai referencia o artigo 33.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro.

Décimo sétimo. O 1.8.2018, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 2 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG núm. 169, do 5.9.2018).

Décimo oitavo. Por Resolución do 3 de agosto de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas outorgou as autorizacións administrativas previa e de construción para o parque eólico.

Décimo noveno. Por Resolución do 3 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, someteuse a información pública a modificación da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, das instalacións do parque eólico.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 28.9.2018 e no xornal El Progreso do 19.9.2018. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Mondoñedo e Abadín) e da xefatura territorial, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

O contido das alegacións presentadas durante este período de información pública, recollidas no punto 2 do anexo deste acordo, refírese en síntese a erros na titularidade e no tipo de cultivo dalgunhas parcelas.

Vixésimo. O 10.9.2018 o promotor presentou unha modificación do proxecto do parque eólico, solicitando o seu recoñecemento como non substancial.

Vixésimo primeiro. O 26.9.2018, a xefatura territorial emitiu informe actualizado sobre os dereitos mineiros afectados polo parque eólico, concluíndo que este non afecta máis dereitos que os reflectidos nos informes da dita xefatura do 23.9.2011 e do 23.7.2012.

Vixésimo segundo. Mediante oficio do 27.9.2018, e de acordo co disposto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas efectuou o trámite de audiencia á comunidade titular do monte veciñal de Estelo, Braña e Toxiza. No prazo outorgado para o efecto non se recibiu ningunha alegación.

Vixésimo terceiro. Por Resolución do 27 de setembro de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas recoñeceu como non substancial a modificación do parque eólico, solicitada polo promotor o 10.9.2018.

Coas modificacións introducidas, as características finais do proxecto son as seguintes:

Potencia instalada: 9,9 MW.

Concellos afectados: Mondoñedo e Abadín (Lugo).

Produción neta anual estimada: 38.734 MWh/ano.

Horas equivalentes: 3.913.

Orzamento de execución material: 6.187.496,13 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ED50 (fuso 29)

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

UTM-X

UTM-Y

1

626.400

4.809.000

626.275,19

4.808.786,45

2

628.000

4.809.000

627.875,20

4.808.786,46

3

629.500

4.807.450

629.375,21

4.807.236,47

4

631.000

4.807.650

630.875,22

4.807.436,49

5

631.000

4.807.250

630.875,22

4.807.036,48

6

629.000

4.806.000

628.875,22

4.805.786,46

7

627.350

4.806.450

627.225,21

4.806.236,45

8

627.850

4.808.400

627.725,20

4.808.186,46

9

626.400

4.808.800

626.275,19

4.808.586,45

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Datum ED50 (fuso 29)

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

UTM-X

UTM-Y

SD01

628.135

4.808.561

628.010

4.808.347

SD02

628.309

4.808.376

628.184

4.808.162

SD03

627.893

4.808.666

627.768

4.808.452

Coordenadas da torre meteorolóxica:

Torres

Meteorolóxicas

Datum ED50 (fuso 29)

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

UTM-X

UTM-Y

TM_N1

627.880

4.808.890

627.755

4.808.676

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 3 aeroxeradores Vestas V126 de 3.300 kW de potencia nominal unitaria, de 87 m de altura da buxa e 126 m de diámetro de rotor.

– 3 centros de transformación de 4.000 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 20/0,65 kV, instalados individualmente no interior da góndola de cada aeroxerador co seu correspondente equipamento de seccionamento, manobra e protección.

– Liñas eléctricas subterráneas de 20 kV de tensión nominal, en canalización soterrada ou entubada, para a evacuación da enerxía xerada, de interconexión entre centros de transformación 0,65/20 kV e subestación transformadora 20/132 kV.

– 1 torre meteorolóxica autoportante de 87 m de altura, equipada con anemómetros, viraventos, medidores de temperatura e de presión e logger rexistrador.

Vixésimo cuarto. O 15.10.2018, en vista das modificacións introducidas no proxecto do parque eólico, a xefatura territorial informou que estas modificacións non alteran as condicións de compatibilidade cos dereitos mineiros afectados, establecidas no informe emitido pola mesma xefatura o 9.11.2012.

Vixésimo quinto. Por Resolución do 15 de outubro de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou a transmisión de titularidade de diversos parques eólicos (entre eles o parque eólico Sasdónigas fase II) e dunha liña eléctrica de Norvento, S.L.U. a favor de Norvento Estelo, S.L.U.

Vixésimo sexto. O 8.11.2018 a Dirección Xeral de Ordenación Forestal, en cumprimento do previsto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, remitiu o informe emitido na mesma data polo Servizo de Montes de Lugo.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 45.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación cos dereitos mineiros afectados, o 9.11.2012 o Servizo de Enerxía e Minas da xefatura territorial emitiu informe sobre o trámite de compatibilidade entre o parque eólico e o permiso de investigación Celia nº 5724 e as solicitudes de concesión de explotación derivadas dese permiso Celia fracción 2ª nº 5724.2 e Celia fracción 4ª nº 5724.4.

Neste informe conclúese, en relación coas mencionadas solicitudes de concesión de explotación, que é innecesario o trámite de compatibilidade entre estas e o parque eólico, posto que, analizadas a poligonal e a localización das instalacións, reflectidos no proxecto de execución do parque eólico, resulta que non se produce superposición cos terreos comprendidos nos ámbitos perimétricos das solicitudes de concesión de explotación. Ademais, dada a distancia existente entre a instalación máis comprometida do parque eólico, a torre meteorolóxica e os límites perimétricos das solicitudes de concesión referidas, non parece que se poida producir incidencia ningunha daquel nos terreos comprendidos no ámbito destas.

No que respecta ao permiso de investigación Celia nº 5724, no mencionado informe do 9.11.2012 conclúese que este debe considerarse compatible co parque eólico.

O 15.10.2018, en vista das modificacións introducidas no proxecto do parque eólico, o Servizo de Enerxía e Minas da xefatura territorial emitiu un novo informe, e concluíu que estas modificacións non alteraban as condicións de compatibilidade establecidas no informe emitido o 9.11.2012.

Polo tanto, en vista dos informes emitidos pola xefatura territorial, procede declarar a compatibilidade do parque eólico co permiso de investigación Celia nº 5724, nas condicións establecidas no mencionado informe do 9.11.2012.

Cuarto. En relación co aproveitamento forestal afectado (monte veciñal en man común de Estelo, Braña e Toxiza, pertencente á Comunidade de Estelo e Tronceda), a Dirección Xeral de Ordenación Forestal remitiu o 8.11.2018 o informe emitido na mesma data polo Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Quinto. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo deste acordo, visto o seu contido e as respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:

– No que respecta á titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos achegados polos interesados. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento,...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

– No que respecta ás alegacións de contido ambiental, cabe indicar que este proxecto foi sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental, concluíndo coa correspondente declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 1.8.2018.

Posteriormente, en relación coa modificación solicitada polo promotor o 10.9.2018 e recoñecida como non substancial por esta dirección xeral o 27.9.2018, o mencionado órgano ambiental emitiu o informe previsto no artigo 37.1.d), e concluíu que non existen obxeccións ao cambio solicitado polo promotor, sempre que se cumpra o recollido na documentación achegada e se teñan en conta o condicionado establecido no propio informe.

De acordo con todo o que antecede, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Sasdónigas fase II, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Segundo. Declarar a compatibilidade do parque eólico Sasdónigas fase II co permiso de investigación de recursos da sección C Celia nº 5724, de acordo co establecido nos informes da xefatura territorial do 9.11.2012 e do 15.10.2018.

Terceiro. Declarar a prevalencia da utilidade pública do parque eólico Sasdónigas fase II sobre o interese xeral do aproveitamento forestal afectado, de conformidade co informe do Servizo de Montes de Lugo do 8.11.2018 e remitido pola Dirección Xeral de Ordenación Forestal na mesma data, a que fai referencia o artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Anexo

1. Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito terceiro:

María Consolación Cabanas Díaz, o 29.12.2011; Alejo Oseira Cabanas, o 13.1.2012; Mª Lourdes Rodríguez Maseda, o 13.1.2012, o 16.1.2012 e o 15.4.2013; Eugenio Cabanas Basanta, o 20.1.2012; Saturnino Méndez Oseira, o 20.1.2012; Feliciano García Carreiras, o 27.1.2012; José Chao Vega en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), o 10.3.2012.

2. Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito décimo noveno:

Feliciano García Carreiras, o 8.10.2018; Ramón-José Candia Díaz, o 22.10.2018.