Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51837

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 611/2017 MF).

PO procedemento ordinario 611/2017 MF

Demandante: José Ramón Mayo Gómez

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandados: Fogasa, Turmens Logística Urgente, S.L., Marcelo Cachafeiro Silveiro, Agencia Servicios Mensajería, S.A.U.

Avogado: letrado de Fogasa, Inmaculada Paula Pereira García

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 611/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Mayo Gómez contra Turmens Logística Urgente, S.L., Marcelo Cachafeiro Silveiro, Agencia Servicios Mensajería, S.A.U. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, acordouse citar a Turmens Logística Urgente, S.L. a fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707 o día 18.1.2019 ás 10.15 horas para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión dela e demais resolucións e documentos obrantes no procedemento.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L. expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no tablón de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza