Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51836

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 167/2018).

Execución de títulos xudiciais (ETX 167/2018)

Procedemento orixe: procedemento ordinario 763/2016

Sobre ordinario

Demandante: Paula Martínez Ríos

Avogado: Evaristo Corujo Martínez

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Javier Seijo Villamizar, Orfasdous, S.C.

Avogado: letrado de Fogasa, Francisco Manuel Carrajo Soneira

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 167/2018, por instancia de Paula Martínez Ríos, contra a executada Javier Seijo Villamizar, Orfasdous, S.C., sobre reclamación de cantidade, pronunciouse o día 20 de novembro de 2018 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia parcial, por importe de 6.912,42 euros de principal, máis 1.097,80 euros en concepto de xuros de mora, máis 819,37 euros que provisionalmente se orzamentan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza