Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51799

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da Resolución do 27 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Feitos:

Primeiro. A Resolución da presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 27 de setembro de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 197, do 16 de outubro, estableceu as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e convocounas para o ano 2018.

Segundo. O ordinal décimo sexto, número 2, da Resolución do 27 de setembro de 2018 establece que para os efectos de adoptar as correspondentes resolucións de concesión das axudas se terá en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes no rexistro do Instituto Galego da Vivenda e Solo e que para tal fin se considerará data de presentación aquela en que a solicitude estea validamente cuberta e acompañada da totalidade dos documentos exixidos nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria.

Terceiro. Unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas coa documentación completa, a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito para a anualidade 2018 tiña a data de entrada no Rexistro do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 24 de outubro de 2018 ás 10.46 horas.

Consideracións xurídicas:

Primeira. O ordinal décimo sexto, número 1, da Resolución do 27 de setembro de 2018 establece que serán denegadas aquelas solicitudes que non dispoñan de cobertura orzamentaria no momento da súa resolución.

Segunda. Os artigos 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 32 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establecen que cando o procedemento administrativo establecido non supoña o esgotamento do crédito nun único acto de concesión, senón que a súa disposición se realice en actos sucesivos, o órgano xestor deberá publicar no DOG e na súa páxina web, o esgotamento da partida orzamentaria asignada.

En virtude do exposto anteriormente, e de acordo co establecido no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Dar a coñecer o esgotamento, con data do 24 de outubro de 2018 ás 10.46 horas, do crédito autorizado para a anualidade 2018 destinado a sufragar as subvencións para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo