Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 5 de novembro de 2018 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Leiro I, Leiro III e Leiro IV.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Leiro I, Leiro III e Leiro IV e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escritos do 30 de outubro de 2018, Luis Tacón Fernández (35254309R), en nome propio e en representación dos restantes titulares, solicitou autorización para a transmisión das concesións administrativas e das bateas Leiro I, Leiro III e Leiro IV.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección de Recursos sobre as características das bateas son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas dirección xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Tacón da Salgueira, S.L. (B94164472), das concesións que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Leiro I.

Situación:

Cuadrícula nº: 122.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 7.6.1979.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Tipo: batea.

Nome: Leiro III.

Situación:

Cuadrícula nº: 127.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 7.6.1979.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Tipo: batea.

Nome: Leiro IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 128.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 7.6.1979.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Luis Tacón Fernández (35254309R), Guillermo Tacón Fernández (35282606P), Albino Tacón Fernández (35290484C), Manuel Tacón Fernández (35298320J), Enrique Tacón Fernández (35302185Z), José Tacón Fernández (35311840D), Ángel Tacón Fernández (35319295N), Antón Tacón Fernández (76815067N) e Margarida Tacón Fernández (76821830J).

Nova titular: Tacón da Salgueira, S.L. (B94164472).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento da formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 5 de novembro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo