Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 22 de novembro de 2018, da Area Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia de Lugo que se relacionan a baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lle notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 22 de novembro de 2018

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: O Ben Folkdido.

Titular: Xosé Antón Martínez Rodríguez.

Enderezo: praza Campo Castelo, nº 51.

Concello: Lugo.

Establecemento: Casa Tato.

Titular: Jesús Pardo Hermida.

Enderezo: Lg. Casanova.

Concello: Xermade.

Establecemento: El Tremendo.

Titular: Emma Olmo de la Fuente.

Enderezo: rúa Marina Española, nº 13.

Concello: Lugo.