Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación parque eólico Pastoriza-Rodeiro (expediente LU-11/141-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio convocánse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do parque eólico Pastoriza-Rodeiro, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 20 de novembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente LU-11/141-EOL.

Denominación: parque eólico Pastoriza-Rodeiro.

Convocatoria de levantamento das actas previas: 27 de decembro, ás 9.30 horas, no Concello da Pastoriza (Lugo).

Titular: fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido).

Código

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Cim.

Plat.

T. met.

Sub.

Vía

Gabia

S. voo

3

27

114

Campelos

Matogueira

1.544

24

74

812

71

28

329

Mudia

Matogueira

1.086

216

102

400

99

Fregosel

Monte alto

274

576

164

3.049