Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación parque eólico Punago-Vacariza (expediente LU-11/139-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio convocánse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do parque eólico Punago-Vacariza, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 20 de novembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-11/139-EOL.

Denominación: parque eólico Punago-Vacariza.

Convocatoria de levantamento das actas previas: 27 de decembro, ás 9.30 horas, no Concello de Baleira (Lugo).

Relación de bens e dereitos afectados proxecto administrativo

Parcela

Afección (m2)

Propietario

Pleno dominio

Serv. de paso

Código

Nome

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Cim.

Plat.

T. met.

Sub.

Vía

Gabia

S.E voo

45

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

67

93

Monte Puñago

Piñeiral

2064,00

995,00