Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51418

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (800/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 800/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco José Añón Vilariño contra Real Force, S.L., Ventask Group, Queca Comunicación e Imagen, S.L., Ventask Force, S.L., Crecera Services, S.L., Bucero Group International Marketing, S.L., Servicios Globales de Gestión Online, S.L., En Marcha Call Center Services, S.L., Factoría de Producción y Ventas, S.L., Ventask Comunicación e Imagen, S.L., Vestask Call Center Management, S.L., Travel Task, S.L., Crecera Call Center Services, S.L., Caremont, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Francisco José Añón Vilariño, contra as entidades Real Force, S.L., Ventask Group, S.L., Queca Comunicación e Imagen, S.L., Ventask Force, S.L., Crecera Services, S.L., Bucero Group International Marketing, S.L., Servicios Globales de Gestión Online, S.L., En Marcha Call Center Services, S.L., Factoría de Producción y Ventas, S.L., Ventask Comunicación e Imagen, S.L., Vestask Call Center Management, S.L., Travel Task, S.L., Crecera Call Center Services, S.L., Caremont, S.L. e Neiracartón, S.A. e, en consecuencia, debo declarar e declaro nulo o despedimento do que o demandante foi obxecto en data do 27 de xuño de 2017, e condeno as entidades Real Force, S.L., Ventask Group, S.L., Queca Comunicación e Imagen, S.L., Ventask Force, S.L., Crecera Services, S.L., Bucero Group International Marketing, S.L., Servicios Globales de Gestión Online, S.L., En Marcha Call Center Services, S.L., Factoría de Producción y Ventas, S.L., Ventask Comunicación e Imagen, S.L., Vestask Call Center Management, S.L., Travel Task, S.L., Crecera Call Center Services, S.L., Caremont, S.L. e Neiracartón, S.A. á inmediata readmisión do traballador, con aboamento, se é o caso, dos salarios deixados de percibir, a razón de 36,16 euros diarios, desde que se produza a alta médica ata a efectiva readmisión, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Real Force, S.L., Ventask Group, Queca Comunicación e Imagen, S.L., Ventask Force, S.L., Crecera Services, S.L., Bucero Group International Marketing, S.L., Servicios Globales de Gestión Online, S.L., En Marcha Call Center Services, S.L., Factoría de Producción y Ventas, S.L., Ventask Comunicación e Imagen, S.L., Vestask Call Center Management, S.L., Travel Task, S.L., Crecera Call Center Services, S.L., Caremont, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 16 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza