Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 16 de novembro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Porteliñas a favor dos veciños de Bascois, Carballeda e Santa Cruz, nas parroquias de Carballeda (San Vicenzo) e Santa Cruz (Santa Cruz), no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 1 de agosto de 2018, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que de seguido se relacionan:

Nome do monte: Porteliñas.

Superficie: 6,95 ha.

Pertenza: veciños/as de Bascois, Carballeda e Santa Cruz.

Parroquia: Carballeda (San Vicenzo) e Santa Cruz (Santa Cruz).

Concello: Carballeda de Valdeorras.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da solicitude son os constituídos pola parcela catastral seguinte:

Parcela a clasificar

Parcelas estremeiras (perímetro exterior)

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Linde

Polígono

Parcelas

Carballeda de Valdeorras

39

1531

32018A 039015310000IY

Norte

39

1279-1278-1274-1268-1517-1260-1518-1252

Este

39

1608-1337-1336-1335-1334-1332-1331-1330-1329-1322-1323

Sur

39

9008

Oeste

39

1321-1320-1306-1298-1299-1287-1286-1282

Parcela estremeira (perímetro interior)

Ref. catastral

002400200PG79C0001JA

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 16 de novembro de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Ourense