En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 21 de novembro de 2018, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 60 e 10065 (recinto 1) do polígono 501, ZCP 3, do termo municipal de Guntín (Lugo).
O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 5 de outubro de 2018.
Lugo, 22 de novembro de 2018
María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo