Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51421

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (904/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 904/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Nieves Fernández Noya contra Fondo de Garantía Salarial Fogasa, Shivshi, S.L., administración concursal de Deus Creaciones, S.L.-Isaias González García, administración concursal de Confecciones Deus, S.L.-Isaias González García, administración concursal Confecciones Fraga, S.L.-Juan Carlos Rodríguez Maseda, administración concursal Costura Invisible, S.L.-Isaias González García, administración concursal Plataforma Costurera, S.L.-José Antonio González Seoane, administración concursal Shivsi, S.L.-Alejandro Gimeno-Bayón Forteza, Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Perseo Téxtil, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrado xuíz: Javier López Cotelo.

A Coruña, 7 de novembro de 2018.

Único. Nos presentes autos ditouse sentenza o 17.10.2018. A demandada solicitou a corrección do erro advertido no seu escrito.

Parte dispositiva.

– Ten lugar a seguinte corrección do erro apreciado na parte dispositiva da sentenza ditada: onde di «Dña. Patricia Liñares Cores...» ha de dicir «Dña. María Nieves Fernández Noya».

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncia, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de Reforzo da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, Confecciones Fraga, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Perseo Téxtil, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza