Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51423

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 494/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 494/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Isabel Mosquera Dono contra Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Deus Creaciones, S.L., o Fogasa, Gaviota Textil, S.L., administración concursal Confecciones Deus, S.L., administración concursal Confección Ideal, S.L., administrador concursal Gaviota Textil XXI, S.L., Calero Guillén Abogados, S.L.P., administración concursal Creaciones Deus, S.L.- Argo Asociados y Asesores Tributarios, S.L.P., administración concursal Confecciones Fraga, S.L.-Dictum Estudio Jurídico y Económico, S.L.P., administración concursal Plataforma Costurera, S.L.-Iberfits IT. Mercantiles & Glez. Seoane, administración concursal Costura Invisible, S.L.-Argos Asociados Abogados y Asesores Tributarios, administración concursal Shivshi, S.L.-Alejandro Gimeno-Bayón Forteza, Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento número 494/2017

Demandante: Ana Isabel Mosquera Dono

Letrado: Sr. Pedreira Candal

Demandados: Confecciones Deus, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L. Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Gaviota Textil, S.L., Rogelio Bodelo Pichel (non comparecen)

Letrado:

Administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Gaviota Textil, S.L. (non comparecen)

Fogasa

Sentenza número 433/2018.

A Coruña, 7 de novembro de 2018.

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Ana Isabel Mosquera Dono fronte ás entidades Confecciones Deus, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deben aboar as empresas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 27.324 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 37,95 euros/día.

3º. Desestimo a acción de despedimento formulada pola demandante fronte a Gaviota Textil XXI, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Rogelio Bodelo Pichel, polo que se deben absolver de todo pedimento dirixido fronte a elas.

O Fogasa e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L. y Gaviota Textil XXI, S.L. deberán pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado. Javier López Cotelo

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación en legal forma a Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Deus Creaciones, S.L., Gaviota Textil, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S..L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza