Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51367

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de requirimento de xestión de biomasa.

Esta Administración puido constatar o incumprimento do artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas parcelas seguintes:

27025A046000550000JL.

27025A046000680000JJ.

27025A046000710000JJ.

27025A046000600000JF.

27025A046000610000JM.

Tendo sido a notificación infrutuosa, comunico que as persoas responsables dispoñen dun prazo voluntario de quince (15) días naturais para xestionaren a biomasa nas parcelas citadas.

Transcorrido o dito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos da xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Advírtese de que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supor a repercusión dos gastos de extinción de incendios.

Xove, 9 de novembro de 2018

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde