Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51365

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, no ámbito do equipamento E-209-A “Aduana policía fronteiriza”.

O Pleno, na sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de setembro de 2018, no punto 8º da orde do día, por dezaseis (16) votos a favor, cero (0) votos en contra e unha (1) abstención, aprobou o acordo que, na súa parte dispositiva, se transcribe literalmente:

«8º. Expediente 942/2017. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de proposta do Acordo da Alcaldía, do 16 de xullo de 2018, de aprobación inicial do proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, no equipamento E-209-A “Aduana policía fronteiriza”».

«(.../...) En consecuencia, o Pleno da Corporación acorda:

1º. Aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, no ámbito do equipamento E-209-A “Aduana policía fronteiriza”. Para tales efectos, cómpre sinalar que os documentos sometidos á aprobación inicial son:

– Documento asinado o 3 de xullo de 2018 polos arquitectos José Javier Villacé Rodríguez e Martín de Cominges Carvallo e o avogado Diego Capón Sánchez achegado o 4 de xullo de 2018 (2018-E-RC-5949) xunto coa solicitude de Javier Pérez Alves, como secretario xeral da Cámara de Tui.

2º. Someter os ditos documentos a información pública por un período de dous meses, con publicación de acordo no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia.

3º. Suspender o outorgamento de licenzas de obras e actividade e de parcelación no ámbito do equipamento E-209-A “Aduana policía fronteiriza” PXOM-2011, durante o prazo de dous anos, desde a adopción do acordo de aprobación inicial (para o suposto de que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente); en todo caso, esta suspensión extinguirase coa aprobación definitiva da modificación puntual en proxecto.

4º. Elevar esta documentación ao órgano competente en materia de urbanismo para os efectos que procedan daqueles dispostos no artigo 60.7 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Así mesmo, a teor do artigo 60.8 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o Concello solicitará os demais informes sectoriais preceptivos de conformidade coa lexislación vixente».

O expediente completo pódese consultar no Departamento de Urbanismo do Concello de Tui, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

Tui, 23 de outubro de 2018

Carlos Vázquez Padín
Alcalde