Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 26 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de requirimento de documentación do expediente SAI IN 2016/175 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedarán supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Polo anterior e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmanse os interesados que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 26 de novembro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAI IN 2016/175.

Interesada: Texdobra, S.L.

CIF: B15549629.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Ames.

Expediente: SAI IN 2013/132.

Interesado: Constantino Miguéns Roo.

CIF: 76966500V.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Lousame.