Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 29 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS210A (expediente PO-53344).

Despois de intentar en tempo e forma a práctica da notificación que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo ou ao seu representante, debidamente acreditado, o acto administrativo de citación ditado no procedemento que se indica.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do órgano de valoración da Dependencia de Pontevedra, sitas na avenida de Vigo, 16, baixo, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse na data indicada no acto de citación que se notifica, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar a tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións, despois da resolución que lle será notificada.

Vigo, 29 de outubro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS210A

Nº de expediente

Apelidos e nome (DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do acto

PO-53344

Adir, Florín Ronaldinio (*****184Z)

Citación

11.10.2018