Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, e a súa publicación, no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal do acto que figura no anexo a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que constan no anexo o anuncio do expediente sancionador, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na Praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento integro do acto notificado e constancia deste. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 22 de novembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado

(Comercio)

Expediente

Acto

Concello

Ali Reza Habizadeh

(Delicias Turcas)

PO-17/2018

Resolución de expediente sancionador

Madrid

Ali Reza Habizadeh

(Delicias Turcas)

PO-16/2018

Resolución de expediente sancionador

Madrid

Gesinar 2012, S.L.

PO-07/2018

Resolución de expediente sancionador

Mijas (Málaga)