Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51144

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (PO 411/2017).

ORD. Procedemento ordinario 411/2017-j

Procedemento de orixe: sobre outras materias

Demandante: Félix Fernández Muñiz

Procuradora: Susana Luisa Mourín Sobrado

Avogado: José Piroscia Penado

Demandada: Construcciones Servilugo, S.L.

Eu, María José Núñez Abeledo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, por este edicto anuncio que neste procedemento seguido por instancia de Félix Fernández Muñiz contra Construcciones Servilugo, S.L., se ditou a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

Sentenza: 88/2018

ORD. Procedemento ordinario 411/2017-j

Procedemento de orixe: sobre outras materias

Demandante: Félix Fernández Muñiz

Procuradora: Susana Luisa Mourín Sobrado

Avogado: José Piroscia Penado

Demandada: Construcciones Servilugo, S.L.

Resolvo que debo estimar e estimo substancialmente a demanda presentada pola procuradora Susana Mourín Sobrado, en nome e representación de Félix Fernández Muñiz, contra Construcciones Servilugo, S.L., declaro a resolución do contrato asinado entre as partes o día 27 de xuño de 2014 e condeno esta a aboar á demandante a cantidade de vinte e seis mil oitocentos cincuenta e oito euros con sesenta e catro céntimos (26.858,64 €) máis os xuros legais desde a reclamación xudicial.

Condénase en custas a parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela se pode interpor recurso de apelación, ante este xulgado, no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, José Luis Deaño Rodríguez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo e do seu partido».

Publicación. A anterior sentenza foi dada, lida e publicada polo xuíz que a subscribe, que se encontraba no día da data, coa miña asistencia, celebrando audiencia pública. Dou fe.

Lugo, 9 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza