Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51146

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 328/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 328/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Estrella Ferreiro Bouzas contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., administración concursal de Deus Creaciones y Confecciones Deus, administración concursal de Confecciones Ideal, S.L., administración concursal de Confecciones Fraga, administrador concursal de Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato e despedimento foi interposta por Estrella Ferreiro Bouzas contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L., así como a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L. e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L. e administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto con data do 3 de abril de 2017 e, ademais, extinguida a relación laboral que vinculaba a Estrella Ferreiro Bouzas coa entidade Deus Creaciones, S.L. no día de hoxe (26 de outubro de 2017), e condeno solidariamente as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L. ao aboamento dunha indemnización a razón de 7.956,75 euros e salarios de tramitación devindicados entre o 4 de abril e o 26 de outubro de 2017, a razón de 33,89 euros/día, o que supón a cantidade de 6.982,28 euros brutos.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Estrella Ferreiro Bouzas contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L., así como a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L. e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L. e administración concursal de Confecciones Fraga, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L., a que lle aboen á demandante a cantidade de 5.668,74 euros líquidos, por salarios devindicados en febreiro, decembro e paga extra de 2016, e entre xaneiro e o 3 de abril de 2017, así como o xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de resolución de contrato, despedimento e cantidades foi interposta por Estrella Ferreiro Bouzas contra as entidades Gaviota Textil XXI, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Confecciones Ideal, S.L., así como a administración concursal de Confección Ideal, S.L., que debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Vainica Doble, S.L., Deux Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, Área Inversora y Financiera del Atlántico, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza