Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 50967

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2018 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

– Actividade. Encargar á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo a xestión do inmoble sito na rúa Barreira, núm. 12, no concello de Ourense, para destinalo a albergue de peregrinos, incluíndoo na Rede de albergues públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico que teñan a consideración de medios propios para os efectos previstos na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na lexislación de contratos do sector público, segundo os seus estatutos.

– Prazo de vixencia. A encomenda terá a mesma duración que a cesión do dereito de uso do citado inmoble polo concello de Ourense á Axencia Turismo de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Turismo de Galicia