Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 50964

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2018 pola que se adxudican as axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Talento Sénior), convocadas pola Resolución do 19 de setembro de 2018.

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 19 de setembro de 2018 (DOG núm. 186, do 28 de setembro) convocáronse as subvencións para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia.

No seu artigo 19 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de selección establecida no artigo 16 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme aos criterios establecidos no artigo 17.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 16 de novembro de 2018 pola comisión de selección establecida no artigo 16 das bases da Resolución do 19 de setembro de 2018, a Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para o fomento da contratación de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia que figuran como anexo a esta resolución.

2. O importe total das axudas concedidas é 704.000 euros, con cargo ás aplicacións orzamentarias que se recollen no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Ano 2018 (€)

Ano 2019 (€)

Ano 2020 (€)

09.A3.561A.470.0

256.000,00 €

128.000,00 €

128.000,00 €

09.A3.561A.480.0

96.000 €

48.000 €

48.000 €

Total

352.000 €

176.000 €

176.000 €

3. Estas axudas están financiadas con cargo a fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 25 da resolución de convocatoria.

5. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no dito artigo 25 da resolución de convocatoria no prazo establecido no seu punto 1.

6. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2018

A directora da Axencia Galega de Innovación
P.A. (Resolución do 16.6.2014; DOG núm. 127, do 7 de xullo)
Benito Fernández Rodríguez
Director da Área de Xestión

ANEXO

Relación de solicitudes concedidas (ordenadas por aplicación orzamentaria e número de expediente)

Nº de expediente

NIF

Entidade

Persoal de alta cualificación nº

Importe
2018

Importe
2019

Importe
2020

Total
axuda (€)

Aplicación orzamentaria

Réxime de minimis (Regulamento (UE) 1407/2013)

01 IN858A_2018/2641510

B70530795

Artabro Tech, S.L.

1

32.000,00

16.000,00

16.000,00

64.000,00

09 A3 561A 4700

Si

02 IN858A_2018/2641754

B36794261

Novos sistemas de información, S.L.

1

32.000,00

16.000,00

16.000,00

64.000,00

09 A3 561A 4700

Si

03 IN858A_2018/2646348

G15305923

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia

1

32.000,00

16.000,00

16.000,00

64.000,00

09 A3 561A 4800

04 IN858A_2018/2651817

B15775570

Dairylac, S.L.

1

32.000,00

16.000,00

16.000,00

64.000,00

09 A3 561A 4700

Si

04 IN858A_2018/2651817

B15775570

Dairylac, S.L.

2

32.000,00

16.000,00

16.000,00

64.000,00

09 A3 561A 4700

Si

06 IN858A_2018/2653111

B32318354

Redegal, S.L.

1

32.000,00

16.000,00

16.000,00

64.000,00

09 A3 561A 4700

Si

07 IN858A_2018/2660828

B15757941

Cinfo contenidos Informativos personalizados, S.L.

1

32.000,00

16.000,00

16.000,00

64.000,00

09 A3 561A 4700

Si

08 IN858A_2018/2661165

B36881415

Soltec Ingenieros, S.L.

1

32.000,00

16.000,00

16.000,00

64.000,00

09 A3 561A 4700

Si

09 IN858A_2018/2661209

G36871424

Fundación para la Promoción de la Inn., Inv. y Des. Tec. en la Industria de Automoción de Galicia

1

32.000,00

16.000,00

16.000,00

64.000,00

09 A3 561A 4800

09 IN858A_2018/2661209

G36871424

Fundación para la Promoción de la Inn., Inv. y Des. Tec. en la Industria de Automoción de Galicia

2

32.000,00

16.000,00

16.000,00

64.000,00

09 A3 561A 4800

10 IN858A_2018/2661020

A36630028

Armadora Pereira, S.A.

1

32.000,00

16.000,00

16.000,00

64.000,00

09 A3 561A 4700

Si