Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2018 Páx. 50690

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas, relativa á realización de determinadas actuacións en relación co proceso de expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras de ampliación do Gran Montecelo.

De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas para a realización de determinadas actuacións en relación co proceso de expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras de ampliación do Gran Montecelo, que ten as seguintes características:

– Obxecto: encomenda de xestión da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á AXI para a realización dos seguintes traballos:

• Elaboración e redacción dos pregos para a contratación da xestión expropiatoria.

• Elaboración dos informes técnicos precisos na fase de licitación.

• Dirección, xestión e execución do contrato de asistencia na expropiación.

• Aqueles procesos técnico-administrativos necesarios para a contratación do procedemento expropiatorio.

• Prestar asistencia técnica en todas as fases do proceso expropiatorio en especial, levantamento de actas previas e fase de prezo xusto.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre órganos (Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e Axencia Galega de Infraestruturas) dotados de personalidade xurídica propia e ser a Axencia Galega de Infraestruturas medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dependentes dela.

– Prazo de vixencia: o período de vixencia desta encomenda será de dous anos desde a súa sinatura.

– Supostos en que procede a finalización anticipada da encomenda: incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou mutuo acordo.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade